Organismo unicelular

Un organismo unicelular é aquel organismo que está constituído por unha soa célula, como son todas as bacterias, os protozoos, paramecios, amebas, ciliados etc. Representan a inmensa maioría dos seres vivos que poboan actualmente a Terra. Porén, os seres vivos que nos resultan familiares están constituídos por un conxunto de células, son os chamados organismos pluricelulares, aínda que na súa orixe tamén estes organismos proceden dunha única célula. Todos os organismos pasan nun momento inicial da súa existencia por ser unha soa célula. Por exemplo as bacterias, protistas, arqueas e certas algas e fungos, malia que hai un bo número de casos de algas e fungos pluricelulares.


Organismo unicelular

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne