No legendarium de J. R. R. Tolkien, os Magos Azuis (ou Ithryn Luin) son dous personaxes misteriosos da Terra Media. N' O Señor dos Aneis son só citados cando Saruman di que hai cinco Istari[1]. Porén, outros manuscritos de Tolkien menciónanos máis. Nunha pasaxe de Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth, Tolkien escribe que dous Magos foron enviados para o Leste. Os seus nomes en Valinor eran Alatar[2] e Pallando[3].