(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Pamela Suzette Grier 26 de maio de 1949 (75 anos) Winston-Salem, Estados Unidos de América |
Outros nomes | Pam Grier |
Grupo étnico | Afroamericano |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | East High School (en) Metropolitan State University of Denver (en) |
Altura | 173 cm |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Pelo negro |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, Aikidoka, karateka, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz |
Período de actividade | 1970 - |
Patrimonio estimado | 10.000.000 $ |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | Karate |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Kareem Abdul-Jabbar Richard Pryor Freddie Prinze Kevin L. Evans |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Notable Black American Women |
|
Pamela Suzette Grier, nada en Winston-Salem (Carolina do Norte) o 26 de maio de 1949 é unha actriz estadounidense. Acadou sona por protagonizar na década de 1970 filmes sobre mulleres no cárcere e de blaxploitation para American International Pictures e New World Pictures, especialmente Coffy (1973) e Foxy Brown (1974). Descrita por Quentin Tarantino como a primeira estrela de acción feminina do cinema,[1] protagonizou para o director o filme Jackie Brown como a personaxe homónima, polo que recibiu un Satellite Award e candidaturas ao Globo de Ouro á mellor actriz e ao premio do sindicato de actores.
Durante seis temporadas, Grier interpretou a Kate "Kit" Porter na serie de Showtime The L Word, que se emitiu entre 2004 e 2009. Recibiu unha candidatura ao Emmy polo seu traballo no programa de animación Happily Ever After: Fairy Tales for Every Child.