Πάφος (el) Baf (tr) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Chipre | |||
Distrito (pt) | Pafos (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 35.961 (2019) (1.987,89 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 18,09 km² | |||
Altitude | 72 m | |||
Creación | 300 a. C. | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 8049 e 8010 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 26 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | pafos.org.cy |
Paphos /ˈpæfɒs/ (en grego: Πάφος e en turco: Baf), é unha cidade costeira no suroeste de Chipre e a capital do Distrito de Paphos. Na antigüidade, había dúas localidade chamadas Paphos: o Vello Paphos[1] e o Novo Paphos.[2] A cidade actual é Novo Paphos. Está a carón do Mediterráneo, a uns 50 km oeste de Limasol (o maior porto da illa), que ten conexión coa autoestrada A-6. O Aeroporto Internacional de Paphos é o segundo maior aeroporto do país. A cidade ten un clima mediterráneo subtropical, coas temperaturas máis suaves da illa.
Pafos está incluído na lista oficial de tesouros culturais e naturais do Patrimonio da Humanidade da UNESCO polos seus espectaculares restos antigos e foi seleccionada como Capital Europea da Cultura para 2017, xunto con Aarhus.