Patras

Modelo:Xeografía políticaPatras
Πάτρα (el) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoPatreus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°15′N 21°44′L / 38.25, 21.73
EstadoGrecia
División administrativaadministración descentralizada do Peloponeso, Grecia Occidental e as Illas Xónicas
PeriferiasGrecia Occidental
Unidades periféricasAcaia
ConcelloMunicipality of Patras (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación173.600 (2021) Editar o valor en Wikidata (518,21 hab./km²)
Xeografía
Superficie335 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGulf of Patras (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
805Cerco de Patras (pt) Traducir
1205Siege of Patras (en) Traducir
1338Siege of Patras (en) Traducir
1429Siege of Patras (en) Traducir
10 de xullo de 1687Siege of Patras (en) Traducir
4 de abril de 1821 (Xuliano)Siege of Patras (en) Traducir
1822Siege of Patras (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónAndré Apóstolo Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoKonstantinos Peletidis (en) Traducir (2014–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal26x xx Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico2610 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webe-patras.gr… Editar o valor en Wikidata
Restos arqueolóxicos do odeón romano.

Patras (en grego: Πάτρα grego antigo e Katharevousa: Πάτραι Pátrai, latín Patrae) é a terceira cidade máis grande de Grecia. É o centro político, económico, administrativo e cultural do oeste de Grecia.

A cidade é a capital da prefectura de Grecia de Acaia e da periferia de Grecia Occidental, e é o principal centro urbano da península do Peloponeso, ao pé do monte Panacaico, que domina o Golfo de Patras), que é, de feito, unha enseada do mar Xónico.

Vista xerada por ordenador de Patras

Patras está situada a 215 km ao oeste de Atenas por estrada, a 94 km ao nordeste de Pyrgos, a 7 km ao sur de Rio, a 134 km ao oeste de Corinto, a 77 km ao noroeste de Kalavryta, e a 144 km ao noroeste de Tripoli.

O concello de Patras tiña unha poboación de 213.984 (en 2011). O asentamento central ten unha historia que abarca catro milenios, no período romano converteuse nun centro cosmopolita do Mediterráneo oriental mentres que, segundo a tradición cristiá, era tamén o lugar do mártir de Santo André. De acordo cos resultados do censo de 2011, a área metropolitana ten unha poboación de 260.308 habitantes e esténdese por unha área de 738´87 km².

Coñecida como a porta occidental de Grecia, Patras é un centro comercial, mentres que o seu importante porto é un punto nodal para o comercio e a comunicación con Italia e co resto de Europa occidental. A cidade conta con dúas universidades públicas e un Instituto Tecnolóxico, onde se atopa unha gran poboación estudantil e fai de Patras un importante centro científico. A ponte Rio-Antirio conecta o suburbio máis próximo ao Río de Patras coa cidade de Antirio, conectando a península do Peloponeso coa Grecia continental.

Todos os anos, en febreiro, a cidade alberga un dos entroidos máis grandes de Europa, as características destacadas do Entroidol de Patras inclúen as súas xigantescas carrozas, bailes e desfiles satíricos, que gozan centos de miles de visitantes baixo o clima mediterráneo. Patras tamén é famosa por apoiar unha activa escena cultural indíxena principalmente nas artes escénicas e unha literatura urbana moderna. Foi Capital Europea da Cultura en 2006.[1]

  1. Mansfield, Paul (29 de xaneiro de 2006). "Party town gets a culture kick". Consultado o 6 de setembro de 2017 – vía The Guardian. 

Patras

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne