Philadelphia 76ers | ||
---|---|---|
![]() | ||
Información xeral | ||
Conferencia | Leste | |
División | Atlántico | |
Fundación | 1946 | |
Historia | Syracuse Nationals (1946-1963) | |
Cores | Vermello, azul | |
G League | Delaware 87ers | |
Retirados | 8 (3, 6, 10, 13, 15, [[Bobby Jones (xogador de baloncesto) | 24]], 32, 34) |
Localización | ||
Cidade | Filadelfia, Pensilvania | |
Pavillón | Wells Fargo Center | |
Capacidade | 21 600 espectadores | |
Inauguración | 13 de agosto de 1996 | |
Persoal | ||
Propietario(s) | Josh Harris | |
Presidente | Daryl Morey | |
Director | Elton Brand | |
Adestrador | Brett Brown | |
Títulos | ||
Campión | 3 (1955, 1967, 1983) | |
Conferencia | 5 (1977, 1980, 1982, 1983, 2001) | |
División | 12 (1950, 1952, 1955, 1966, 1967, 1968, 1977, 1978, 1983, 1990, 2001, 2021) | |
sixers.com |
Os Philadelphia 76ers (tamén coñecidos como Sixers) son un equipo americano de baloncesto profesional con base en Filadelfia, Pensilvania. Xogan na División Atlántico da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Orixinalmente coñecidos coma Syracuse Nationals, son unha das franquías máis antigas da NBA. Despois do seu traslado a Filadelfia, fíxose un concurso para decidir o novo nome do equipo. O nome gañador, elixido por Walter Stalberg, foi "76ers", de 1776, ano da sinatura da Declaración de Independencia dos Estados Unidos en Filadelfia.
Os 76ers teñen unha historia moi importante, con algúns dos xogadores máis importantes da NBA que xogaron para a franquía, incluíndo Wilt Chamberlain, Julius Erving, Moses Malone, Charles Barkley e Allen Iverson. Gañaron tres campionatos da NBA, o primeiro deles sendo os Syracuse Nationals, en 1955. O segundo foi na tempada 1966-67, cun equipo liderado por Chamberlain. O terceiro título chegou na tempada 1982-83, gañado co liderado de Erving e Malone. Dende entón, tan só chegaron ás Finais unha soa vez, na tempada 2000-01, da man de Iverson, onde perderon por 4-1 contra Los Angeles Lakers.