Plan corporal

Os grupos modernos de animais poden agruparse polo aaranxo das súas estruturas corporais, e por iso se di que posúen diferentes plans corporais.
Comparación entre os esqueletos do ser humano e dun paxaro de Pierre Belon, un dos primeiros exemplos de anatomía comparada. Os vertebrados teñen un mesmo plan corporal xeral.

Un plan corporal, padrón corporal, Bauplan (termo alemán, plural Baupläne), or arquetipo é un conxunto de características morfolóxicas comúns a moitos membros dun filo de animais.[1] Os vertebrados comparten un mesmo plan corporal, mentres que os invertebrados teñen moitos.

Este termo, xeralmente aplicado a animais, refírese a un plano ou deseño do corpo que abrangue aspectos como a simetría, capas, segmentación, nervios, extremidades, e disposición do tracto gastrointestinal. A bioloxía evolutiva do desenvolvemento trata de explicar as orixes dos diversos plans corporais.

Historicamente, considerouse que os plans corporais evolucionaron de forma repentina na biota de Ediacara; enchendo a explosión cámbrica cos seus resultados, e unha visión máis matizada da evolución animal suxire un desenvolvemento gradual dos plans corporais ao longo da parte inicial do Paleozoico. Estudos recentes en animais e plantas empezaron a investigar se as restricións evolutivas das estrutruras dos plans corporais poden explicar a presenza de restricións ao desenvolvemento durante a embrioxénese como o fenómeno denominado estadio filotípico.

  1. Valentine, James W. (2004). On the Origin of Phyla. University of Chicago Press. p. 33. ISBN 978-0226845487. 

Plan corporal

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne