Pleociemados (Pleocyemata) Rango fósil: Devoniano - actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Femia ovada de Potamon fluviatile co pleon mantido aberto para mostrar os ovos que leva nos pleópodos. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Infraordes | |||||||||||||
|
A dos pleociemados (Pleocyemata), do grego πλέω pléo, "nadar" e κυέω kyéo, "estar embarazada", é unha suborde de crustáceos decápodos fundada por Martin Burkenroad en 1963.[1]
A clasificación de Burkenroad substituíu as antigas subordes de Natantia (nadadores) e Reptantia (reptadores) polos grupos monofiléticos Dendrobranchiata e Pleocyemata.
Os pleociemados inclúen todos os membros dos reptadores (incluíndo cangrexos, lagostas, lumbrigantes, nécoras, cigalas e outros), así como os estenopodideos (Stenopodidea) e os carideos (Caridea) (que comprenden os camaróns).