< | Eón Fanerozoico | | ||
---|---|---|
| ||
O Plistoceno[1] é unha época xeolóxica, comprendida entre hai aproximadamente 1.800.000 e uns 11.500 anos. Pertence ao período Neoxeno, da Era cenozoica, do eón fanerozoico. Sucede ao Plioceno e precede ao Holoceno, ambos os dous do seu período. Divídese nas idades do Plistoceno inferior, Plistoceno medio e Plistoceno superior, da máis antiga á máis recente.