Pobo saami | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | |||||||||
Poboación total: c 163 400 | |||||||||
Rexións principais: | |||||||||
Laponia | 133 400 | ||||||||
Noruega | 37 890[1] | ||||||||
Estados Unidos | 30 000[2] | ||||||||
Suecia | 14 600[3] | ||||||||
Finlandia | 9 350[4] | ||||||||
Rusia | 1 991 (2002)[5] | ||||||||
Ucraína | 136 (2001)[6] | ||||||||
Aspectos culturais | |||||||||
Lingua | Linguas saamis: saami setentrional, saami de Lule, saami de Pite, saami de Ume, saami meridional, saami de Inari, saami de Skolt, saami de Kildin, saami de Ter saami de Akkala (extinta), saami de Kemi (extinta), saami de Kainuu (extinta) Noruegués, sueco, finés, ruso | ||||||||
Relixión | Luteranismo, laestadianismo, igrexa Ortodoxa, xamanismo saami |
O pobo saami[7] é un grupo indíxena fino-úgrico que vive na zona ártica de Laponia, que abrangue partes de Noruega, Suecia, Finlandia, a península de Kola en Rusia, e a beira entre o sur e o centro de Suecia e Noruega. Os saamis son o único pobo de Escandinavia recoñecido e protexido baixo as convencións internacionais dos pobos indíxenas. Tamén son o pobo indíxena máis setentrional de Europa.[8] As terras ancestrais dos saamis teñen unha extensión de 388.350 km², que é aproximadamente o tamaño de Noruega. As súas linguas tradicionais son as linguas saamis, que están clasificadas dentro da familia das linguas urálicas.
Tradicionalmente, o pobo saami desenvolveu diversos tipos de estilo de vida, destacando como pescadores, trampeiros para o comercio de peles ou na cría de ovellas. Porén, son principalmente coñecido pola cría de renos en réxime de seminomadismo. Actualmente, un 10% dos saamis teñen relación coa cría de renos e uns 2.800 está directamente relacionados con esta actividade.[9] Por razóns medioambientais, culturais e políticas, a cría de renos está legalmente reservada aos saamis en certas rexións dos países nórdicos.