Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | O Convento | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.425 (2024) (510,1 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 34,16 km² | ||||
Bañado por | ría de Pontevedra e Océano Atlántico | ||||
Altitude | 91 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Luciano Sobral Fernández | ||||
Eleccións municipais en Poio | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36994 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36041 | ||||
Sitio web | concellopoio.gal |
Poio (do latín podium, altura, montículo, fai referencia a un lugar elevado con boas vistas[1]) é un concello da comarca de Pontevedra, na provincia do mesmo nome. Segundo datos do IGE no ano 2015 tiña unha poboación total de 16.842 habitantes (homes: 8.326, mulleres: 8.516). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é poiense.
Sitúase na banda norte da ría de Pontevedra, pertencente ás denominadas Rías Baixas. Ten unha superficie de 34,17 km². Limita ó leste co concello de Pontevedra (límite natural marcado polo río Lérez), polo oeste cos concellos de Meaño, Meis e Sanxenxo, polo norte co concello de Meis e polo sur coa ría de Pontevedra. Destaca a presenza do monte Castrove que marca o límite natural co concello de Meis, o punto máis elevado do municipio con 613 metros de altitude. Na aba deste monte está o bosque de sequoias de Poio. Na ría de Pontevedra atópase a illa de Tambo, tamén pertencente ó concello de Poio.