Portelo

Portelo do cinema Ohio en Columbus, Ohio, nos Estados Unidos de América.

O portelo[1] é o sitio onde se venden as entradas para acceder a un evento público, por exemplo, o cinema, o teatro ou un estadio. Por extensión, no contexto da industria cinematográfica e de entretemento en xeral, o termo é usado como referencia á cuantía recibida por determinado filme, produción teatral ou artística en xeral en función da frecuencia ós eventos con entrada paga. Nese senso, alén da cuantía en cartos, tamén se pode facer referencia á cantidade de billetes vendidos, ofrecendo un criterio máis para a avaliación do maior ou menor éxito de determinada produción.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para portelo.

Portelo

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne