Porto, Portugal

Modelo:Xeografía políticaPorto, Portugal
Porto (pt) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Lema«Antiga, Mui Nobre, Sempre Leal e Invicta cidade do Porto» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°08′58″N 8°36′39″O / 41.14947, -8.61078
EstadoPortugal
DistritosDistrito do Porto Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación237.591 (2011) Editar o valor en Wikidata (5.703,1 hab./km²)
Xeografía
Superficie41,66 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico e Río Douro Editar o valor en Wikidata
Altitude104 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
xullo de 1832Cerco do Porto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoCâmara Municipal do Porto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Xefe do gobernoRui Moreira Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webcm-porto.pt Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453713

O Porto[1] é unha cidade portuguesa, a segunda cidade e o terceiro concello máis poboado do país,[2][3] capital do Distrito do Porto, situado na Rexión Norte e subrexión do Grande Porto, e tamén á Área Metropolitana do Porto. A cidade é considerada unha cidade global gama.[4] O concello, con 41,42 km² de área,[5] ten unha poboación de 237 591 habitantes (2011)[6] dentro dos seus límites administrativos, sendo subdividido en sete freguesías.[7]

É a cidade que lle deu o nome a Portugal – dende moi cedo (c. -200), cando se chamaba Portus Cale, chegando a converterse máis tarde na capital do Condado Portucalense, dende onde se formou Portugal. É aínda unha cidade coñecida mundialmente polo seu viño, polas súas pontes e arquitectura contemporánea e antiga, o seu centro histórico, clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO,[8] pola calidade dos seus restaurantes e pola súa gastronomía,[9] polo seu principal equipo de fútbol, o Futebol Clube do Porto, pola súa principal universidade pública: a Universidade do Porto, que se atopa entre as 200 mellores universidades do mundo e entre as 100 mellores universidades de Europa,[10] ben como pola calidade dos seus centros hospitalarios.[11]

É a sede da Área Metropolitana do Porto, que agrupa 17 concellos con 1 757 413 habitantes en 2 089 km² de área, cunha densidade de poboación de 1 098 hab/km², o que sitúa a cidade na 13ª área urbana máis poboada da Unión Europea, sendo, polo tanto, a segunda maior zona urbana portuguesa. O Porto e a Área Metropolitana do Porto constitúen o núcleo estrutural da Rexión Norte, que ten unha área de 21 278 km² (24% do superficie continental de Portugal) e unha poboación de 3 689 609 habitantes (censos de 2011).[12] Comprende 8 subrexións ou unidades de nivel III (NUTS III).[13]

O Porto, xunto cos concellos veciños de Vila Nova de Gaia e de Matosinhos, forma a Fronte Atlántica do Porto[14], que constitúe o núcleo de poboación máis urbanizado da Área Metropolitana, situado no litoral, delimitado, no oeste, polo océano Atlántico, coa influencia estrutural do estuario do río Douro[15], que une Gaia con Porto.

O Porto é a cidade máis importante da altamente industrializada zona litoral da Rexión Norte, onde se atopan gran parte dos grupos económicos do país, tales como a Altri, o Grupo Amorim/Corticeira Amorim, o Banco BPI, a BIAL, a EFACEC, a Frulact, a Lactogal, o Millennium BCP, a Porto Editora, a Sonae, a Unicer ou o Grupo RAR. A Associação Empresarial de Portugal ten sede no Porto. A Rexión Norte é a única rexión portuguesa que exporta máis do que importa.[16]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para portuense.
  2. Poboación residente segundo os Censos 2011 Arquivado 16 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. Consultado o 12 de xuño de 2016.
  3. Mapas segundo INE - Censos. Consultado o 12 de xuño de 2016.
  4. GaWC Research Network (13 de abril de 2010). "The World According to GaWC 2008 (O Mundo Segundo a GaWC 2008)". www.lboro.ac.uk. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2016. Consultado o 5 de maio de 2010. 
  5. Instituto Geográfico Português, Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013 Arquivado 09-12-2013 en Wayback Machine. (ficheiro Excel zipado). Consultado o 28 de novembro de 2013.
  6. INE (2012) – "Censos 2011 (Dados Definitivos)", "Quadros de apuramento por freguesia" (tabelas anexas ao documento: separador "Q101_NORTE"). Consultado o 27 de xullo de 2013.
  7. Diário da República, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei n.º 11-A/2013, de 28 de xaneiro, Anexo I. Consultado 19 de xullo de 2013.
  8. Centro Histórico do Porto, classificado como Património Mundial pela UNESCO
  9. Restauração da cidade do Porto
  10. "Apresentação da Universidade do Porto". 
  11. "Hospital de Santo António, no Porto, eleito, em 2014, como o melhor do país". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2015. Consultado o 23 de agosto de 2016. 
  12. Instituto Nacional de Estatística. "População residente (N.º) por Local de residência, Sexo; Decenal (2011)". Consultado o 1 de setembro de 2011. 
  13. Assembleia da República (2013). "Diário da República/Leinº75/2013 de 12 de Setembro" (PDF). Consultado o 26 de novembro de 2014. 
  14. "Frente Atlântica do Porto". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 23 de agosto de 2016. 
  15. "Estuário do Rio Douro - Porto e Vila Nova de Gaia". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de agosto de 2016. 
  16. Região do Norte de Portugal, que tem, como capital, o Porto, é a região que mais exporta

Porto, Portugal

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne