Porto de Ferrol


Porto de Ferrol
Peiraos comerciais do porto
Contrasinal marítimo da provincia marítima de Ferrol á que pertence.
Localización
PaísGalicia Galicia
CidadeFerrol
Detalles
Dirixido porAutoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao
PropietarioPortos do Estado
TipoComercial
Tamaño280 239 m²
Embarcadoiros1 477,8 m
Empregados80
PresidenteJosé Manuel Vilariño
Capacidade de almacenamento28 697 m²
Estatísticas
Tonelaxe12,2 millóns de toneladas (2017)[1]
Ingresos17,2 millóns de euros (2016)
Beneficios4,2 millóns de euros
Principais importaciónsCarbón, chatarra
Principais exportaciónsMaquinaria, madeira, peixe
Tráfico ferroviarioVagóns de carga.
http://www.apfsc.com
Vista xeral.

O Porto de Ferrol, matrícula de provincia marítima FE, é un porto militar, pesqueiro, comercial, de pasaxeiros e deportivo da cidade de Ferrol, Galiza.

Consiste nunhas instalacións no interior da ría de Ferrol e outras en construción no exterior da mesma ría.

É un porto moi especializado nas mercadorías a granel —carbón para a central térmica das Pontes, ferralla para a empresa siderometalúrxica Megasa, madeira e derivados— e na exportación de maquinaria, como aeroxeradores e as súas pezas, ou papel prensa transportado en tren. Existe unha lonxa de peixe en fresco cunha frota pesqueira de baixura. Tamén hai porto deportivo en Curuxeiras e nos meses de verán chegan ao porto cruceiros turísticos. O porto tamén ten terminal propia de carga ferroviaria.

  1. "El Puerto de Ferrol cierra noviembre con más de 12 millones de toneladas movidas" La Voz de Galicia (en castelán)

Porto de Ferrol

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne