Primeira cruzada

Primeira cruzada
Parte de As cruzadas

Roberto II de Normandía loita contra os musulmáns durante o cerco de Antioquía (1097-1098).
Data 1096-1099
Lugar Oriente Próximo
Resultado Vitoria cristiá.
Casus belli *Chamada do Papa Urbano II tras o Concilio de Clermont á Guerra Santa
Cambios territoriais *O Imperio Bizantino recupera territorios de Anatolia Occidental
Belixerantes
Entidades cristiás:

Reino de Francia

Sacro Imperio Romano Xermánico

Imperio bizantino

Entidades musulmás:

Dinastía Selxúcida
Danisméndidas
Califato fatimí
Dinastía Almorábide
Califato Abasida

Líderes
Ademar de Monteil

Godofredo de Bouillon
Raimundo IV de Tolosa
Roberto II de Normandía
Roberto II de Flandres
Bohemundo de Tarento
Balduíno I de Xerusalén
Tancredo de Galilea
Eustaquio III de Boloña
Estevo II de Blois
Hugo I de Vermandois
Guglielmo Embriaco
Aleixo I Comneno
Tatikios

Kilij Arslan I

Yaghi-Siyan
Kerbogha
Duqaq
Fakhr al-Mulk Radwan
Ghazi ibn Danishmend
Iftikhar ad-Daula
Al-Afdal Shahanshah

Forzas en combate
Cruzados:
  • 30 000 infantes[1]
  • 5000 cabaleiros[2]

Bizantinos:

  • 2000 infantes[2]
Indefinidas

A primeira cruzada iniciou o complexo fenómeno histórico de campañas militares, peregrinacións armadas e expansión colonial en Oriente Próximo, que convulsionou esta rexión entre os séculos XI e XIII e que é denominado pola historiografía como as cruzadas.

Aproveitando a chamada de auxilio do emperador bizantino Aleixo I Comneno, enfrontado cos turcos selxúcidas, o papa Urbano II predicou en 1095 nos diferentes países cristiáns da Europa Occidental a conquista da chamada Terra Santa. Ao intento errado de Pedro o Ermitán, seguiu a mobilización dun exército organizado, inspirado polo ideal da guerra santa e liderado por nobres principalmente provenientes do reino de Francia e do Sacro Imperio Romano Xermánico, que foi nutríndose no seu avance de cabaleiros, soldados e numerosa poboación, até transformarse nun fenómeno de migración masiva. Os cruzados penetraron no chamado Sultanato de Rüm e avanzando cara ao sur, foron apoderándose de diversas cidades e rexeitando as forzas enviadas na súa contra polos gobernadores divididos nas súas disputas internas, ata que penetrando nos territorios da dinastía fatimí, conquistaron o 15 de xullo de 1099 a cidade de Xerusalén, formando o Reino de Xerusalén.

A primeira cruzada supuxo politicamente a constitución dos Estados Latinos de Oriente e a recuperación para o Imperio bizantino dalgúns territorios, á vez que significou un punto de inflexión na historia das relacións entre as sociedades da área mediterránea, marcado por un período de expansión do poder do mundo occidental e polo uso do fervor relixioso para a guerra. Tamén permitiron aumentar o prestixio do papado e o rexurdir, tras a caída do Imperio romano, do comercio internacional e do incremento dos intercambios que favoreceron a revitalización económica e cultural do mundo medieval.

  1. Nicolle, D. The First Crusade 1096-99: Conquest of the Holy Land, p. 21.
  2. 2,0 2,1 Nicolle, D. The First Crusade 1096-99: Conquest of the Holy Land, p. 32.

Primeira cruzada

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne