Primus | |
---|---|
Orixe | El Sobrante, California, |
Período | 1984 - 2000 2003 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, funk metal, funk rock, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Caroline, Interscope, Prawn Song |
Membros | Les Claypool Larry LaLonde Jay Lane |
Antigos membros | Tim Alexander Todd Huth Bryan "Brain" Mantia |
Artistas relacionados | Blind Illusion, Buckethead, Colonel Claypool's Bucket of Bernie Brains, Holy Mackerel Les Claypool's Frog Brigade, Oysterhead, Phish, Possessed, Praxis, Sausage, Tom Morello, The Claypool Lennon Delirium |
Na rede | |
primusville.com | |
Primus é unha banda estadounidense de rock alternativo formado en 1984 en El Sobrante (California). Na actualidade está composta polo vocalista e baixista Les Claypool, o guitarrista Larry "Ler" LaLonde e o batería Jay Lane. Primus orixinalmente formárono Claypool, Todd Huth e Lane, deixando a banda os dous últimos despois do álbum de estrea, Suck on This, sendo substituídos polo batería Tim "Herb" Alexander e o guitarrista Larry LaLonde. Con esta formación o grupo lanzou catro álbums de estudio: Frizzle Fry, Sailing the Seas of Cheese, Pork Soda e Tales from the Punchbowl. En 1996, Alexander deixou Primus e foi substituído por Bryan "Brain" Mantia, co cal editarían Brown Album e Antipop antes de que a banda entrase en hiato no ano 2000. O grupo é coñecido por crear o tema principal da serie de animación South Park en 1997.
No ano 2003, Claypool e LaLonde reuníronse con Tim Alexander e editaron un DVD/EP, Animals Should Not Try to Act Like People, antes de xirar entre os anos 2003 e 2004. No 2010 anunciaron que Jay Lane, o seu batería orixinal, reunírase con eles para unha xira, e que posteriormente editarían dixitalmente o EP June 2010 Rehearsal de balde.
Primus caracterízase pola súa aproximación á música irreverente e acotío "pouco seria". Moitos dos seus álbums foron editados polo selo de Claypool, Prawn Song Records, cuxo nome é unha parodia do selo de Led Zeppelin, Swan Song.