Probabilidade

Christiaan Huygens probablemente publicou o primeiro libro sobre probabilidade.

A probabilidade é a rama das matemáticas que achega descricións numéricas da facilidade de que ocorra un suceso, ou como de posible é que unha proposición sexa verdadeira. A probabilidade dun suceso é un número entre 0 e 1, onde, falando rápido, 0 indica a imposibilidade do suceso e 1 indica a certeza.[1][2][3] Cando maior é a probabilidade dun suceso, é maior a facilidade de que ocorra.

A teoría da probabilidade úsase cumpridamente en áreas como a estatística, a física, a matemática, a ciencia e mais a filosofía para tirar conclusións sobre a probabilidade de sucesos potenciais e a mecánica subxacente de sistemas complexos.

  1. Falando estritamente, unha probabilidade de 0 indica que un suceso case nunca ten lugar, mentre que a probabilidade de 1 indica que o suceso case seguramente ocorre. É unha distinción importante se o espazo da mostra é infinito.
  2. "Kendall's Advanced Theory of Statistics, Volume 1: Distribution Theory", Alan Stuart and Keith Ord, 6th Ed, (2009), ISBN 978-0-534-24312-8
  3. William Feller, An Introduction to Probability Theory and Its Applications, (Vol 1), 3rd Ed, (1968), Wiley, ISBN 0-471-25708-7

Probabilidade

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne