Prokaryota

Este artigo é sobre taxonomía e trata do antigo taxon Prokaryota. Para as características da célula procariota ver célula procariota.
 
Prokaryota
 
   Rango temporal: Arcaico - Holoceno
Organismos procariotas.
Clasificación científica
 Imperio: Prokaryota
  Chatton 1925, Allsop 1969, Mayr 1998.[1]
Dominios (ou reinos)

En bioloxía e taxonomía, o taxon Prokaryota (do grego: πρό-(pro-), "antes de" + καρυόν (carion), "noz" ou "améndoa", como referencia ao núcleo, do cal carecen)[2] é o imperio ou dominio (segundo as clasificacións) que inclúe os microorganismos constituídos por células procariotas, é dicir, células que presentan un ADN libre no citoplasma, xa que non hai núcleo celular. Os procariontes ou organismos procariotas recibiron diversas denominacións tales como Bacteria, Monera e Schizophyta, dependendo dos autores e os sistemas de clasificación que se foron sucedendo no tempo. Outros termos usados foron Mychota, Protophyta, Procaryote, Procaryotae e Prokarya. Está constituído á súa vez por dous dominios ben diferenciados: Archaea e Bacteria.

Os procariontes son unicelulares, agás algúns casos como as mixobacterias, algunhas das cales pode considerarse que teñen etapas multicelulares no seu ciclo de vida.[3] Noutros casos crean grandes colonias, como nas cianobacterias. Os procariontes caracterízanse por ter compoñentes intracelulares hidrosolubles (proteínas, ADN e metabolitos solubles en auga), polo que non presentan núcleo celular, nin mitocondrias nin outros orgánulos membranosos, porque todo o organismo está delimitado pola membrana celular en lugar de separarse en diferentes compartimentos celulares (agás excepcións con sistemas de membranas internos derivados da invaxinación da membrana plasmática). Son microorganismos que posúen un só cromosoma circular que constitúe unha rexión da célula chamada nucleoide, a súa reprodución é asexual por fisión binaria, teñen gran variedade de metabolismos e hai especies adaptadas a todo tipo de ambientes, mesmo aos máis extremos, calculándose que hai aproximadamente 5×1030 procariontes no mundo.[4]

  1. Mayr, Ernst 1998, Two empires or three? Arquivado 13 de xuño de 2019 en Wayback Machine. PNAS August 18, 1998 vol. 95 no. 17 9720-9723
  2. Campbell, N. (2003). Biology: Concepts & Connections. San Francisco: Pearson Education.
  3. Kaiser D (October 2003). "Coupling cell movement to multicellular development in myxobacteria". Nat. Rev. Microbiol. 1 (1): 45–54. doi:10.1038/nrmicro733. PMID 15040179
  4. William B. Whitman et al 1998. Prokaryotes: The unseen majority PNAS vol. 95 no. 12

Prokaryota

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne