Psicose | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Psycho |
Director | Alfred Hitchcock |
Produtor | Alfred Hitchcock |
Guión | Joseph Stefano |
Baseado en | Psycho de Robert Bloch |
Intérpretes | |
Música | Bernard Herrmann |
Fotografía | John L. Russell |
Montaxe | George Tomasini |
Estudio | Shamley Productions |
Distribuidora | Paramount Pictures (1960-1968) Universal Pictures (1968-presente) |
Estrea | DeMille Theatre: 16 de xuño de 1960 8 de setembro de 1960 9 de abril de 1988 (TVG) |
Duración | 109 minutos |
Orixe | Estados Unidos[1] |
Xénero | Terror psicolóxico |
Orzamento | $806 947[2] |
Recadación | $50 000 000[3] $592 600 000 (inflación de 2017) |
Na rede | |
Psicose (en inglés: Psycho) é un filme estadounidense de terror psicolóxico dirixido e producido por Alfred Hitchcock, e escrito por Joseph Stefano, que se estreou en 1960. Está protagonizado por Anthony Perkins, Janet Leigh, John Gavin, Vera Miles e Martin Balsam, e baséase na novela de 1959 Psycho, de Robert Bloch. O filme conta a historia do encontro entre unha secretaria, Marion Crane (Leigh), que acaba nun arredado motel despois de robar unha morea de cartos do seu xefe, e o perturbado dono do motel, Norman Bates (Perkins), e as consecuencias.[4]
Estreouse en galego o 9 de abril de 1988 a través da TVG.[5]