A puberdade[1] é un período no que ocorren mudanzas biolóxicas e fisiolóxicas. É neste período cando o corpo se desenvolve física e mentalmente tornándose maduro e o adolescente queda capacitado para xerar fillos. Non debe ser confundida como sinónimo da adolescencia, xa que a puberdade forma parte da adolescencia.
Nesta fase, obsérvanse mudanzas tales como: crecemento de pelos, crecemento dos testículos e aparición dos seos, aumento de cadeiras nas rapazas e tórax nos rapaces. O marco principal da puberdade para os homes é a primeira exaculación, que ocorre de media ós 13 anos.[2] Para as mulleres, é o inicio da menstruación, que ocorre de media entre 12 e 13 anos.[3][4][5][6] No século XXI, a idade media na que os nenos acadan a puberdade é menor en comparanza co século XIX, cando era de 15 anos para as rapazas e 16 para os rapaces. Isto pode deberse ós produtos químicos dos alimentos ou a unha mellor nutrición.[7]
As hormonas sexuais difiren para os homes e as mulleres, mais non son totalmente exclusivos de cada sexo. Nos homens, os testículos secretan entre outras hormonas a testosterona e nas mulleres o ovario fabrica o estróxeno. As gónadas e as glándulas suprarrenais de ámbolos dous sexos producen o estróxeno e a testosterona, mas é variábel a cantidade. As características biolóxicas son universais e ocorren de xeito semellante en tódolos seres humanos.
A puberdade tamén axita as emocións dos adolescentes e afecta no seu comportamento, principalmente no seu desexo sexual.[8] Tanto nos rapaces coma nas rapazas, as mudanzas da puberdade non son tanto físicas como psicolóxicas. As alteracións hormonais espertan a sensibilidade sexual e, consecuentemente, é neste período que moitos adolescentes comezan esporadicamente a ter relacións sexuais.[9]