Public Image Ltd | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1978 – 1992 2009 – presente |
Xénero(s) | post-punk, rock experimental, noise rock, rock alternativo, dance-rock, dance alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Virgin, Warner Bros., Elektra |
Membros | John Lydon Lu Edmonds Bruce Smith Scott Firth |
Antigos membros | Jah Wobble Keith Levene Jim Walker Richard Dudanski Martin Atkins Ken Lockie Pete Jones Allan Dias John McGeoch |
Artistas relacionados | Sex Pistols, The Damage Manual, The Clash, The Damned, Cowboys International, The Flowers of Romance, The Pop Group |
Na rede | |
pilofficial.com | |
Public Image Ltd (PiL) é unha banda inglesa de post-punk formada polo vocalista John Lydon (tamén coñecido como Johnny Rotten), o guitarrista Keith Levene e o baixista Jah Wobble[1], que pasou por posteriores cambios de persoal. Lydon é o único membro constante do grupo.
Lydon apareceu despois da separación dos Sex Pistols co álbum de PiL First Issue (1978). A súa nova banda tiña un son máis experimental, e os seus primeiros traballos adoitan a ser considerados como os máis desafiantes e innovadores da era post-punk. O seu disco de 1979 Metal Box foi colo cado no número 469 na lista da revista Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos.