Punta Langosteira

Porto da Coruña
Localización
PaísGalicia Galicia
CidadeArteixo
Detalles
Dirixido porAutoridade Portuaria da Coruña
PropietarioPortos do Estado
TipoMarítimo
Tamaño250 hectáreas[1]
Embarcadoiros900 metros (22-24 metros de calado)
PresidenteEnrique Losada Rodriguez
Estatísticas
Tonelaxe800 000 toneladas, en 2015[2]
Volume de contedores(Sen carga)
Tráfico de pasaxeiros(Sen servizo)
Principais importaciónsgraneis
Tráfico ferroviario(Sen conexión, en proxecto)
http://www.puertocoruna.com

Punta Lagosteira, frecuentemente grafado Langosteira[3], é un promontorio localizado no concello de Arteixo, 7 km ao suroeste da cidade da Coruña. A morfoloxía do cabo, caracterizado pola súa costa esgrevia, viuse alterada recentemente pola construción do porto exterior da Coruña, iniciada en 2005.

Na parte occidental do cabo, onde se está a construír o porto, estaba situado o castro costeiro do Cociñadoiro[4], que foi escavado antes da súa destrución. O xacemento funcionara como factoría fortificada especializada na metalurxia do bronce[5]. A Autoridade Portuaria da Coruña comprometeuse a expoñer os achados unha vez acabadas as obras. En xuño de 2012 a Autoridade Portuaria e o Concello de Arteixo escolleron o parque de Monticaño como localización do centro de interpretación do castro de Cociñadoiro, aínda pendente de construír[6].

  1. Losada dice que los operadores se pelean por el puerto exterior lavozdegalicia.es
  2. Los operadores han invertido 30 millones en Langosteira lavozdegalicia.es
  3. Quiles, Fernando Cabeza (2008). Toponimia de Galicia. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9865-092-1. 
  4. "O drama (histórico) do Porto Exterior da Coruña", artigo de Manuel Gago Mariño no blog Capítulo 0, 3 de novembro de 2010.
  5. "Castro de Punta Langosteira. A historia dun dos castros máis antigos de Galicia". Historia de Galicia. 2017-02-01. Consultado o 2022-01-13. 
  6. "Que foi do proxecto de musealización do desaparecido castro de Punta Langosteira?". Historia de Galicia. 2021-01-10. Consultado o 2022-01-13. 

Punta Langosteira

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne