Quenya

Quenya
Creado por: John Ronald Reuel Tolkienc. 1910-1973
Emprego e uso:
Total de usuarios: Mundo ficticio da Terra Media
Categoria (propósito): Linguas artificiais
Escrita: Alfabeto latino
Tengwar
Cirth
Sarati
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2:
ISO 639-3: qya
Mapa
Status
Texto en quenya, escrito nos alfabetos tengwar e latino.

O quenya (pronunciado [ˈkʷɛn.ja]),[1] é unha das linguas ficticias inventadas por J. R. R. Tolkien e a usada polos elfos na súa saga literaria da Terra Media. Tolkien comezou a desenvolver a lingua dende 1910 e reestruturou a gramática varias veces até que o quenya alcanzou o seu estado final. O vocabulario permaneceu relativamente estable ó longo do proceso de creación. Ademais, o nome da lingua foi cambiado repetidamente por Tolkien, de elfin e qenya a quenya. A lingua finesa foi a principal fonte de inspiración, mais Tolkien tamén estaba familiarizado latín, co grego e coas linguas xermánicas antigas cando comezou a construír o quenya.

O corpus de textos que constitúen as fontes de coñecemento actual sobre o quenya inclúen o poema Namárië, coñecido como O lamento de Galadriel, o texto orixinal máis extenso nesta lingua, extraído da obra capital de Tolkien: O Señor dos Aneis.

Coñécese a existencia do quenya polo menos desde a primeira guerra mundial, cando Tolkien tiña pouco máis de vinte anos. A lingua foi desenvolvida ó longo da vida de Tolkien, acadando unha etapa que algúns estudosos cualifican como "madura" a partir de O Señor dos Aneis. Tolkien quixo dar unha aparencia de lingua clásica ó quenya, de xeito que intentou que tivese unha semellanza visual co latín, o que conseguiu en certo modo usando unha forma característica de transcribir o quenya ó noso alfabeto. Os dous inspiradores do quenya son pois, o latín, e o finés, sendo posible tamén algunha influencia do galés e do grego, como no caso do xenitivo plural -on e o nexo "nai" (que), posiblemente do grego "na". Todas estas influencias non foron directas de ningún modo, pois non xeraron vocabulario. Máis ben trátase dunha inspiración estética moi forte en Tolkien, - "fonoestética" segundo el mesmo.

  1. Tolkien escribiu en "Outline of Phonology" (en Parma Eldalamberon 19, p. 74) sobre a fonoloxía do quenya: ⟨ny⟩ é "un son como o de new en inglés". En quenya, ⟨ny⟩ é unha combinación de consoantes, ibídem., p. 81.

Quenya

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne