Apodemus sylvaticus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Mapa de distribución de Apodemus sylvaticus (en verde)
|
O rato de campo (Apodemus sylvaticus) é unha especie común de roedor múrido de Europa e o noroeste de África. Está estreitamente relacionado co rato da fraga (Apodemus flavicollis), pero diferéncianse en que non ten unha banda amarela arredor do pescozo, ten orellas e un tamaño xeral menores. Mide como media uns 90 mm de lonxitude. Encóntrase na maior parte de Europa, onde está moi estendido e é común, é comensal dos humanos e ás veces considérase unha praga.[1]