Reino suevo

Modelo:Xeografía políticaReino suevo
Regnum Suevorum (la) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°33′04″N 8°25′42″O / 41.551111, -8.428333
CapitalBraga Editar o valor en Wikidata
Escindido deImperio Romano de Occidente Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadalatín vulgar Editar o valor en Wikidata
Relixiónpaganismo xermánico, arianismo e catolicismo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación409 Editar o valor en Wikidata
Disolución585 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sucedido porGalicia na monarquía visigoda e Reino visigodo de Toledo Editar o valor en Wikidata

O reino suevo[1] (en latín: Regnum Suevorum; reino dos suevos), reino suevo de Galiza[2] (en latín: Gallaecia suevorum regnum) ou reino de Galiza[3][4] configurouse como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal, despois da caída do Imperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continental[5]: nas Illas Británicas foi anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania.

Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas). Tomaron o control do territorio rapidamente mais, debido ao seu número reducido, non modificaron grandemente a estrutura nin a cultura dos territorios onde se asentaron. O reino, de facto, foi creado polos suevos contra o 409, ao conquistaren a zona occidental da península e, durante o século VI converteuse nun reino identificado formalmente coa antiga provincia romana da Gallaecia. Mantivo a súa independencia ata o ano 585, cando foi anexionado polos visigodos e se converteu na sexta provincia do Reino visigodo de Toledo.

O Cronicón de Hidacio é unha das fontes que máis datos nos fornecen sobre a estadía deste pobo no noroeste peninsular e posúe gran valor por tratarse dunha fonte contemporánea dos feitos sinalados.

O sistema monetario Galaico-Suevo foi o primeiro en emanciparse do Imperio Romano de Occidente.

A Igrexa galega transformouse nunha institución política do Reino e formalizouse a distribución interior demográfica de Galiza en parroquias[6], erixidas en boa parte sobre asentamentos prerromanos[7].

  1. Idacio. Flórez, Henrique, ed. España Sagrada 4 (1756 ed.). regnum suevorum 
  2. Xoán Biclarense (584). Chronicon. Gallaecia Suevorum regnum 
  3. León I (447). De haeresi et historia Priscillianistarum. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2020. (..) et Bracarensibus synodis in Galliciae regnis apostolicae sedis decreto habitis" "(..)ad alia concilia in Galliciae regno 
  4. Gregorio de Tours. Historia Francorum VI. p. 43. Galliciensim regnum 
  5. López Carreira (1996), p. 10.
  6. López Carreira (2005), p. 187
  7. Villares (2004), p. 81

Reino suevo

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne