Identifícase coa forma en que vive a relixión o pobo en oposición terminolóxica coa "relixiosidade oficial", que é a das elites, os intelectuais e a xerarquía eclesiástica. Algunhas das manifestacións da relixiosidade popular poden ser consideradas supersticións pola relixiosidade oficial.
As diferenzas entre ambas as relixiosidades son esencialmente dúas:[1]
A oficial considera de máxima importancia a hierofanía fundacional (a manifestación do sagrado) mentres que a popular se centra nas prácticas rituais e na forma de manter unha relación propiciatoria coas entidades sobrenaturais.