Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Richmond (en) | |||||
Epónimo | Richmond | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Virxinia | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 226.610 (2020) (1.400,37 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 91.005 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Greater Richmond Region (en) (Poboación:1.314.434) | ||||
Superficie | 161,821914 km² | ||||
Auga | 4,253 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 59 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1607 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Danny Avula (2025–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 804 | ||||
Código de departamento INSEE | 51760 | ||||
Identificador GNIS | 1499957 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | rva.gov | ||||
Richmond é a capital de Virxinia (oficialmente República de Virxinia). Como todas as municipalidades de Virxinia incorporadas como cidades é independente, é dicir que non pertence a ningún condado, -o condado de Richmond non está relacionado, xa que está localizado a máis de 85 quilómetros de distancia nunha rexión diferente do estado-. Richmond é o centro da área metropolitana de Richmond (MSA) e o Gran Richmond está rodeada polos condados de Henrico e Chesterfield, situados ao norte e sur da cidade respectivamente. A cidade está localizada na interesección das estradas interestatais números 95 e 64 na parte central de Virxinia.
Aínda que o sitio de Richmond, na fálla do Río James na rexión de Piedmont foi brevemente emprazado polos Ingleses en Jamestown en 1607, cerca do lugar onde existía un importante asentamento nativo, a actual cidade de Richmond foi fundada en 1737. Converteuse na capital da colonia de Virxinia en 1780. Durante o período da Guerra de Independencia dos Estados Unidos, varios acontecementos de importancia ocorreron na cidade, incluíndo o discurso de Patrick Henry denominado Dádeme a liberdade ou a morte ("Give me liberty or give me death") realizado na igrexa de St John 1775, durante a reunión do Segundo Congreso Continental, ao cal asistiron tamén Thomas Jefferson e George Washington.
O Estatuto de Virxinia para a liberdade relixiosa en 1779, o cal foi escrito porThomas Jefferson na cidade. Durante a Guerra Civil Estadounidense, Richmond converteuse na capital dos estados confederados de América, e moitos sinais importantes da guerra civil permanecen na cidade hoxe.
A economía de Richmond baséase sobre todo nas empresas relacionadas coa lei e as finanzas, con varias firmas legais e de actividades bancarias notables situadas no centro da cidade. Desta forma existen nove compañías, dentro das maiores cincocentas empresas americanas, que posúen os seus cuarteis xerais na cidade, entre as que se pode destacar Circuit City, Philip Morris USA, e Dominion Resources, entre outras.
O desenvolvemento moderno da cidade está en liña con outras cidades que maquillan o Novo Sur, como Atlanta, Dallas e Charlotte. Só cinco áreas nos Estados Unidos teñen máis empresas inscritas na lista Fortune 500 que Richmond. Richmond é ademais a sede de numerosas compañías pequenas.
Os residentes da cidade son comunmente chamados como Richmonders, e refírense á súa cidade coloquialmente como RVA, RIC (o seu código aéreo), ou O 804 (o seu código telefónico).
A área metropolitana inclúe a cidade, os seus dous condados lindantes e unha ampla zona de Virxinia central. Outras xurisdicións da área metropolitana de Richmond inclúen os condados veciños de Amelia, Caroline, Charles City, Cumberland, Dinwiddie, Goochland, Hanover, King and Queen, King William, Louisa, New Kent, Powhatan, Prince George, e Sussex, e as cidades independentes de Colonial Heights, Hopewell e Petersburg, así como a poboación de Ashland no condado de Hanover.