Ritmo

Ritmo, unha secuencia en tempo repetido na representación dun valse.

O ritmo[1] (do grego ῥυθμός, rhythmos, "calquera movemento recorrente, repetitivo e simétrico"[2] pode definirse xeralmente como un ‘movemento marcado pola sucesión regular de elementos febles e fortes, ou ben de condicións opostas ou diferentes’.[3] É dicir, un fluxo de movemento, controlado ou medido, sonoro ou visual, xeralmente producido por unha ordenación de elementos diferentes do medio en cuestión.

Trátase dun trazo básico de tódalas artes, especialmente da música, da poesía e da danza. Na música, a maioría das definicións tradicionais refírense ó ritmo como forza dinámica e organizativa da música. A natureza do ritmo é primordialmente subxectiva. A idea de regularidade define o ritmo, pero non é a única xa que unha das primeiras definicións de ritmo na historia da música está relacionada coa súa raíz grega (rheos, fluír), estabelecendo así unha relación directa co movemento. Ademais, pódense atopar múltiples definicións que implican movemento, orde e periodicidade en relación ó ritmo musical. Porén, existen definicións dende o punto de vista da percepción temporal: ‘o ritmo describe [...] eventos en escalas temporais dentro dos limiares da memoria a curto prazo.[4] Neste senso, Clarke[5] define o ritmo musical como ‘fenómenos temporais de pequena e mediana escala’.

Nas artes escénicas, o ritmo é a cronoloxía dos acontecementos a escala humana, dos sons musicais e os silencios, dos pasos dunha danza ou a métrica da linguaxe falada e a poesía. O ritmo tamén pode referirse á presentación visual, como ‘o movemento programado a través do espazo’[6] e unha linguaxe común a xeito de patrón que une o ritmo coa xeometría. Asemade, o significado xeral de ritmo como repetición ou patrón regular no tempo pode aplicarse a unha ampla variedade de fenómenos naturais cíclicos que teñen unha periodicidade ou frecuencia que pode ir dende microsegundos a millóns de anos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ritmo.
  2. Liddell, Henry George & Scott, Robert: «ῥυθμός». A Greek-English Lexicon, Perseus project. Consultado o 13-08-2012.
  3. Compact Edition of the Oxford English Dictionary, vol. II. Oxford University Press, 1971, p. 2537.
  4. Snyder, Bob: Music and memory. MIT, 2000, p. 161.
  5. Clarke, Eric: «Rhythm and timing in music». The Psichology of Music, ed. Diana Deutsch. Academic Press, 1999, p. 473.
  6. «Rhythm». Art, Design and Visual Thinking. Consultado o 13-08-2012.

Ritmo

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne