Rockabilly | |
---|---|
Orixe musical | rock and roll, country, western swing, honky-tonk, rhythm and blues, boogie-woogie, música folk apalache |
Orixe cultural | comezos dos 50 nos Estados Unidos |
Instrumentos típicos | guitarra, contrabaixo, batería, piano, voces |
Derivados | country rock, psychobilly |
O rockabilly é un dos primeiros estilos da música rock and roll, cunhas orixes datadas a principios da década dos 50 nos Estados Unidos, principalmente no sur do país.
O termo "rockabilly" é un acrónimo de "rock" (procedente de "rock 'n' roll") e "hillbilly", esta última palabra é unha referencia á música country (chamada a miúdo "hillbilly music" nos anos 40 e 50) que contribuíu fortemente ao desenvolvemento do estilo. Outras importantes influencias no rockabilly co western swing, boogie woogie e rhythm and blues.
A influencia e popularidade do estilo diminuíu nos anos 60, pero durante os últimos anos dos 70 e os primeiros dos 80, o rockabilly gozou dun gran rexurdimento que durou ata a actualidade.