Rosales

A Orde Rosales é un taxon incluído na subclase Rosidae, clase Magnoliopsida, segundo Cronquist. Rosales é a orde superior á familia Rosaceae (rosáceas).

É unha das ordes máis importantes pola variedade e diversidade dos individuos que agrupa. Está composto por case 8.000 especies segundo APG II. Rosales está en constante revisión (como outros taxons) e as familias emparentadas cambian a miúdo de taxon en función dos criterios de categorización, facendo variar o número de especies incluídas nos grupos.

O grupo raíz de Rosales ten unha antigüidade aproximada de 89 a 88 millóns de anos, e a diverxencia do grupo capital comeza hai uns 76 millóns de anos. O taxón Rosales contén case un 2% de diversidade das "eudicotas".


Rosales

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne