Rotavirus | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Reconstrución por computador dun rotavirus baseada en varias micrografías electrónicas. Unha partícula deste virus é esférica con protrusións superficiais regularmente espazadas. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Especie tipo | |||||||||||
Rotavirus A | |||||||||||
Especies | |||||||||||
Rotavirus A |
O Rotavirus (do latín rota, 'roda', pola súa forma) é un xénero de virus que son a principal causa de diarreas graves en nenos.[1] Trátase de virus de ARN bicatenario da familia Reoviridae. Practicamente todos os nenos do mundo foron infectados por rotavirus algunha vez antes dos 5 anos de idade.[2] Con cada infección desenvólvese inmunidade, polo que as infeccións posteriores son menos graves; e os adultos raramente se infectan.[3] Hai cinco especies destes virus, denominadas A, B, C, D, e E. O Rotavirus A, que é a especie máis común, causa máis do 90% das infeccións en humanos.
O virus transmítese pola ruta fecal-oral. Infecta e dana as células que tapizan o intestino delgado (enterocitos) causando gastroenterite. Os rotavirus descubríronse en 1973[4] e son responsables do 50% das hospitalizacións por diarreas graves en nenos.[5][6] Ademais do seu impacto na saúde humana, os rotavirus tamén infectan animais, incluído o gando.[7]
A infección por rotavirus é xeralmente unha doenza doada de manexar na infancia, pero, aínda así, no mundo morren pola súa causa 450 000 nenos de menos de 5 anos cada ano,[8] a maioría dos cales viven en países en vías de desenvolvemento económico,[9] e case dous millóns máis caen gravemente enfermos.[6][10] As campañas sanitarias para combater os rotavirus céntranse na terapia de rehidratación oral para nenos infectados e na vacinación para impedir a enfermidade.[11] A incidencia e gravidade das infeccións por rotavirus baixou significativamente nos países que engadiron a vacinación contra os rotavirus ás súas políticas rotineiras de inmunización dos nenos.[12][13]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid11052397
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid19252423
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid18838873
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid19799704
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid16397429
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid17919334
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome isbn0-12-375158-6
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid22030330
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid17357047
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid18026034
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid21734466
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid20622508