Rudolf Steiner

Modelo:BiografíaRudolf Steiner

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Rudolf Joseph Lorenz Steiner Editar o valor en Wikidata
27 de febreiro de 1861 Editar o valor en Wikidata
Donji Kraljevec (Imperio Austríaco) Editar o valor en Wikidata
Morte30 de marzo de 1925 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Dornach (Suíza) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaDornach (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Q110559859 Traducir
1904 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaImperio Austrohúngaro Editar o valor en Wikidata
RelixiónAntroposofia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Viena
Universidade de Rostock Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina alternativa, metafísica, ocultismo, Teosofía, cristianismo, filosofía, arte, jewelry design (en) Traducir, enxeñaría e ciencias naturais Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín
Viena Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónocultista, pedagogo, deseñador de xoias, arquitecto, fundador, escultor, theosophist (en) Traducir, pintor, libretista, editor colaborador, dramaturgo, filósofo, poeta, Esoterista (pt) Traducir, escritor, mestre, musicólogo, crítico literario, coreógrafo, autobiógrafo, editor literario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Viena Editar o valor en Wikidata
MovementoAntroposofia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
19 de marzo de 1971Gold + Silber Schmuck + Gerät von Albrecht Dürer bis zur Gegenwart (pt) Traducir
Sociedade Antroposófica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarie Steiner-von Sivers Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Штейнер Рудольф)
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1642350 iTunes: 350694107 Discogs: 1474443 WikiTree: Steiner-738 Editar o valor en Wikidata


Rudolf Steiner, nado en Donji Kraljevec (Croacia) o 25 de febreiro de 1861[1] e finado en Dornach (Suíza) o 30 de marzo de 1925, foi un filósofo austríaco, erudito literario, educador, artista, autor teatral, pensador social e esoterista.[2][3][4]

Foi o fundador da antroposofía, educación Waldorf, agricultura biodinámica, medicina antroposófica,[5] e a nova forma artística da euritmia.

Caracterizou a antroposofía como:

A antroposofía é un camiño de coñecemento que quixera conducir o espiritual no home ao espiritual no universo. Poden ser antropósofos aqueles que senten determinadas cuestións sobre a esencia do home e do mundo como unha necesidade tan vital como a que se sente cando temos fame e sede.
Rudolf Steiner[6]

Steiner propuxo unha forma de individualismo ético, ao que despois engadiu un compoñente máis explicitamente espiritual. Derivou a súa epistemoloxía da visión do mundo de Johann Wolfgang von Goethe, segundo a cal «O pensamento é un órgano de percepción ao igual que o ollo ou o ouvido. Do mesmo modo que o ollo percibe cores e o ouvido sons, así o pensamento percibe ideas».[7]

  1. A data de nacemento de Steiner acostuma considerarse o 27 de febreiro; pero este foi o día de su bautismo. Véxase Christoph Lindenberg: Rudolf Steiner. Rowohlt, 1992, ISBN 3-499-50500-2, páx. 8
  2. Algunhas referencias sobre a obra de Steiner nestes diversos campos:
    P. Goulet: «Les Temps Modernes?», L’Architecture D’Aujourd’hui, decembro de 1982, pp. 8-17;
    Architect Rudolf Steiner en GreatBuildings.com;
    Rudolf Steiner International Architecture Database;
    M. Brennan: Rudolf Steiner ArtNet Magazine, 18 de marzo de 1998;
    R. Blunt: Waldorf Education: Theory and Practice — A Background to the Educational Thought of Rudolf Steiner (tese de mestría). Grahamstown: Rhodes University, 1995;
    E. J. Ogletree: «Rudolf Steiner: Unknown Educator», en Elementary School Journal, 74 (6): 344-352, marzo de 1974;
    A. Nilsen: A Comparison of Waldorf & Montessori Education, Universidade de Michigan;
    L. Rinder: «Rudolf Steiner's Blackboard Drawings: An Aesthetic Perspective e exhibition of Rudolf Steiner's Blackboard Drawings», en Berkeley Art Museum, 11 de outubro de 1997 – 4 de xaneiro de 1998;
    Aurélie Choné: «Rudolf Steiner's Mystery Plays: Literary Transcripts of an Esoteric Gnosis and/or Esoteric Attempt at Reconciliation between Art and Science?», en Aries, volume 6, número 1, Brill Publishing, 2006, pp. 27-58 (32);
    Christopher Schaefer: «Rudolf Steiner as a Social Thinker», Re-vision, vol. 15, 1992;
    Antoine Faivre, Jacob Needleman e Karen Voss: Modern Esoteric Spirituality. Crossroad Publishing, 1992.
  3. Richard Garner (education editor): «Who was Rudolf Steiner and what were his revolutionary teaching ideas?», en The Independent.
  4. A autobiografía de Steiner dá a súa data de nacemento como o 27 de febreiro de 1861. Pero hai un fragmento autobiográfico sen datar escrito por Steiner, ao que se refire unha nota ao pé da súa autobiografía en alemán (GA 28), que di: «O meu nacemento foi o 25 de febreiro de 1861. Dous días despois fun bautizado».
  5. Christoph Lindenberg: Rudolf Steiner. Rowohlt, 1992, ISBN 3-499-50500-2, pp. 123-126
  6. Rudolf Steiner: Anthroposophical Leading Thoughts (1924)
  7. Rudolf Steiner: «Goethe y su visión del mundo», GA1, 1883.

Rudolf Steiner

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne