Salvator Mundi | |
---|---|
Artista | Leonardo da Vinci |
Data | c.1500 |
Técnica | óleo sobre nogal |
Dimensións | 45.5 cm × 65.6 cm |
Localización | Colección privada |
Salvator Mundi[1] é unha pintura de Cristo como Salvator Mundi («Cristo como salvador do mundo») que foi atribuída pola maioría dos eruditos como obra de Leonardo da Vinci desde o seu redescubrimento en 2005.[2] Esta atribución foi rexeitada por outros especialistas, algúns dos cales postulan que el só contribuíu con certos elementos.[3] Longamente perdida, foi restaurada e exhibida en 2011. A pintura mostra a Cristo, cun vestido renacentista, dando unha bendición coa man dereita levantada e dedos cruzados mentres sostén unha esfera de cristal na súa man esquerda.[4] A pintura foi vendida en poxa por Christie's en Nova York, o 15 de novembro de 2017, por 450.312.500 USD o que a converte na pintura máis cara xamais vendida.[5][6]
Leonardo Da Vinci retrato de Xesucristo' Salvator Mundi' véndese por $450,000,000,000
Misterio sobre o orbe de Cristo nun cadro de 100 millóns de dólares de Leonardo da Vinci
'A arte Da Vinci' véndese por 450 millóns de dólares