Санкт-Петербург (ru) | |||||
Himno | Hino de São Petersburgo (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Alcume | Питер e Piter | ||||
Epónimo | Pedro | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Rusia | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Admiralteysky District (en) Admiralteysky Municipal Okrug (en) Akademitsheskoye Municipal Okrug (en) ../... 111+ | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.597.763 (2024) (3.890,04 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.439 km² | ||||
Bañado por | Río Neva, Golfo de Finlandia, Canal Griboiedov (pt) , Obvodny Canal (en) , Okhta (en) , Great Nevka (en) , Ekateringofka (en) , Kronverksky Strait (en) , Krjukov Canal (en) , Malaya Neva (en) , Grande Neva (pt) , Slavyanka (en) , Krestovka (en) , Okkervil (en) , Fontanka (pt) , Rio Moika (pt) e Middle Nevka (en) | ||||
Altitude | 3 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | Pedro I de Rusia | ||||
Creación | 27 de maio de 1703 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Governor of Saint Petersburg (en) | Alexandre Beglov (pt) (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Legislative Assembly of Saint Petersburg (en) , (Escano: 50) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 190000–199406 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 812 | ||||
ISO 3166-2 | RU-SPE | ||||
Identificador OKTMO | 40000000 | ||||
Identificador OKATO | 40000000000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | gov.spb.ru | ||||
San Petersburgo[1] (en ruso: Санкт-Петербург, tr. "Sankt-Peterburg"[2], [sankt pʲɪtʲɪrˈburk] (AFI)), antes coñecida como Petrogrado (1914-1924) e máis tarde como Leningrado (1924-1991), é a segunda cidade máis poboada, cunha poboación de aproximadamente 5,4 millóns de habitantes,[3] e importante de Rusia, só superada pola capital, Moscova. Está situada as beiras do río Nevá, na cabeceira do golfo de Finlandia no mar Báltico. San Petersburgo é a cuarta cidade máis poboada de Europa despois de Istambul, Moscova e Londres, a cidade máis poboada do mar Báltico, así como a cidade máis setentrional con máis de 1 millón de habitantes. Como capital imperial de Rusia, e porto historicamente estratéxico, está gobernada como unha cidade federal.
A cidade foi fundada polo tsar Pedro o Grande o 27 de maio de 1703 no lugar dunha fortaleza sueca capturada, e recibiu o nome do apóstolo San Pedro. En Rusia, San Petersburgo está asociado histórica e culturalmente co nacemento do Imperio Ruso e a entrada de Rusia na historia moderna como unha gran potencia europea.[4] Serviu como capital do Tsarato ruso, e do posterior Imperio Ruso, desde 1713 ata 1918 (sendo substituída por Moscova durante un breve período de tempo entre 1728 e 1730).[5] Despois da Revolución de Outubro de 1917, os bolxeviques trasladaron o seu goberno a Moscova.[6]
Como centro cultural de Rusia,[7] San Petersburgo recibiu máis de 15 millóns de turistas en 2018.[8][9] Considérase un importante centro económico, científico e turístico de Rusia e Europa. Nos tempos modernos, a cidade ten o alcume de ser "a capital do norte de Rusia" e é sede de notables órganos do goberno federal, como o Tribunal Constitucional de Rusia e o Consello Heráldico do Presidente da Federación Rusa. Tamén é a sede da Biblioteca Nacional de Rusia e unha localización prevista para o Tribunal Supremo de Rusia, así como a sede da Armada rusa, e o Distrito militar occidental das Forzas Armadas rusas. O Centro histórico de San Petersburgo e os grupos de monumentos relacionados constitúen un Patrimonio da Humanidade da UNESCO. San Petersburgo alberga o museo Ermitage, un dos maiores museos de arte do mundo, o Centro Lakhta, o rañaceos máis alto de Europa, e foi unha das sedes da Copa Mundial da FIFA 2018 e da Eurocopa 2020.
Cidade das catro revolucións - Espírito de transformación...