Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde agosto de 2016) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
O santoral é a listaxe dos santos admitidos por unha confesión relixiosa, principalmente falando das cristiás, extensible tamén ó calendario litúrxico no que se indica a data na que se celebra a festividade en honor dun santo ou outra figura relixiosa. O calendario actualmente usado pola Igrexa católica, o calendario romano xeral, é unha versión modificada do costume paleocristián de conmemorar a morte dos mártires no seu aniversario. Coa continua canonización de crentes ó longo dos séculos, tódolos días do ano se conmemora polo menos a algún santo. Isto faise non só coa morte dos mártires: hoxe en día tamén se lembra a data da morte natural dos santos (os antigamente chamados confesores, en contraposición ós testemuños ou μαρτυρες—), que tamén son incluídos no calendario xunto con festividades coma a Pascua, o Pentecoste ou a Epifanía, relacionadas con eventos da vida de Xesús e a historia eclesiástica.
Na época medieval era costume indicar as datas dos eventos en relación ó calendario eclesiástico, datándoos ó estilo de "terceiro día de Advento" ou "noite de san Xoán". Do mesmo xeito, o nome de pía dos infantes adoitaba ser o da festividade que se celebrase no día dos seu nacemento ou bautismo. Aínda que menos frecuente na actualidade, nalgúns países de tradición católica ou ortodoxa, consérvase o costume de saudar e felicitar ás persoas polo día do seu santo ou onomástica.
A lista mencionada no santoral da Igrexa católica non presenta necesariamente coincidencia coas das outras cristiás, en concreto das do anglicanismo, calvinismo, luteranismo, presbiterianismo e en xeral das igrexas da Reforma, e proceden fundamental e inicialmente do chamado Martiroloxio. O santoral comprende diversos tipos ou niveis de santidade: beatos, mártires, santos, anxos, arcanxos etc.