Un socalco[1] ou bancal[2] é un termo agrícola referido á técnica de conter un determinado terreo de cultivo cun valado de pedra nun terreo moi pendente. A técnica agrícola denomínase terraceamento, e é amplamente utilizada en Galicia por ser un recurso apropiado para terreos con relevo irregular. Unha das zonas con socalcos de máis sona do País son os socalcos do Sil, onde son empregadas para o cultivo da vide.
O socalco baséase no parcelamento de ramplas niveladas, requirindo moita man de obra, elevados coñecementos técnicos e aceptan pouca mecanización. Se están ben formulados e construídos, reducen as perdas do solo e auga pola erosión e prevén a formación de sulcos e grutas. Son comúns en rexións do sur e sueste da Asia, na China e no Xapón, e utilizados principalmente na produción de arroz.
Esta técnica de cultivo en socalcos tamén é utilizada na rexión portuguesa do Douro para o cultivo da vide, de onde é producido o famoso viño do Porto.