Soleidos

Soleidos
Soleidae
Linguados, lirpas e acedías

Rango fósil: paleoceno - actualidade[1]

Linguado (Solea solea)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Soleidae
Bonaparte, 1833[2]
Xéneros
  • Véxase o texto

A dos soleidos (Soleidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes que comprende máis dun cento de especies coñecidas na bibliografía internacional como linguados verdadeiros e, en galego, como linguados, lirpas e acedías.

Os linguados habitan sobre fondos areosos preto das costas mariñas e tamén en cursos de auga doce. As especies de augas salobres e salgadas viven no Atlántico oriental, no Índico e no Pacífico occidental e central. As de auga doce encóntranse en África, o sur de Asia, Nova Guinea e Australia.

No pasado, os linguados das Américas (tanto os de auga salgada coma doce) incluíronse nesta familia, pero hoxe foron separados para formar a súa propia, a dos aquíridos (Achiridae) ou linguados americanos. O único linguado verdadeiro que habita nesta zona é especie é Aseraggodes herrei, das Galápagos (e que tamén vive nas illas Cocos, no Índico).[3]

Aínda que a maioría das especies viven preto da costa, un linguado que se asemellaba a un pequeno halibut foi observado polo batiscafo Trieste na parte inferior da fosa das Marianas, a uns 11 km de profundidade.[4] Porén, esta observación foi cuestionada por expertos en peixes, e as autoridades non a recoñecen como válida.[5]

Depredadores, alimentándose de crustáceos e outros invertebrados. Ao naceren presentan simetría bilateral, e durante o seu desenviolvemento ambos os ollos desprázanse ao lado dereito da cabeza. Viven a maior parte do tempo co lado cego recostado sobre o leito acuático.

De cores escuras, a súa delgadeza e quietude sobre o fondo fai deles unha presa difícil para outros depredadores.

Son moi apreciados en gastronomía pola súa carne branca e fina, de sabor delicado. Entre as especies máis consumidas e apreciadas destaca o linguado común, ou linguado propiamente dito,[6] Solea solea.

  1. Chapleau, François & Amaoka, Kunio (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
  2. Soleidae Bonaparte, 1833 no WoRMS.
  3. Froese, Rainer and Pauly, Daniel, eds. (2014): Aseraggodes herrei Seale, 1940 en FishBase.
  4. BBC News (23 February 2012):Meet the only man alive who has been to the deepest ocean.
  5. Alan J. Jamieson and Paul H. Yancey (2012): "On the Validity of the Trieste Flatfish: Dispelling the Myth" Biol. Bull. 222 (3): 171-175.
  6. linguado no dicionario da RAG.

Soleidos

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne