Shelton Jackson "Spike" Lee (nado o 20 de marzo de 1957) e un director de cine, produtor, guionista e actor estadounidense. A súa produtora, 40 Acres & A Mule Filmworks, leva realizadas ao redor de 35 películas dende 1983.
Os filmes de Lee exploran as relacións raciais, o papel dos medios de comunicación na vida contemporánea, o crime e a pobreza nas cidades, e outros temas políticos. Lee gañou numerosos premios, incluído un Emmy. Tamén foi nomeado para dous premios Oscar.