Spiroplasma | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Spiroplasma da atrofia do millo en células do floema. Sección grosa (0,4 micrómetros) vista con microscopio electrónico de transmisión. Ampliación de 75.000X. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
Spiroplasma citri Saglio et al. 1973 | |||||||||||||
Especies[1] | |||||||||||||
Spiroplasma é un xénero de pequenas bacterias Mollicutes que carece de parede celular. Spiroplasma, igual que outros Mollicutes, ten un metabolismo simple, estilo de vida parasito, morfoloxía das colonias "de ovo fritido" e pequeno xenoma, pero ten unha distintiva morfoloxía helicoidal, que o diferenza de Mycoplasma. Ten forma espiral e movemento de sacarrollas. Moitos Spiroplasma encóntranse no intestino ou na hemolinfa de insectos, onde poden actuar manipulando a reprodución do hóspede ou defender o hóspede como endosimbiontes. Os Spiroplasma son tamén axentes causantes de enfermidades no floema de plantas. No seu cultivo microbiolóxico son organismos moi esixentes, xa que requiren un medio de cultivo rico. A maioría crecen ben a 30 °C, pero non a 37 °C. Unhas poucas especies do xénero, como Spiroplasma mirum, crecen ben a 37 °C (temperatura do corpo humano), e causan cataratas e danos neurolóxicos en ratos lactantes. As especies mellor estudadas son Spiroplasma poulsonii, un simbionte de insectos manipulador reprodutivo e defensivo, Spiroplasma citri, axente causante da enfermidade difícil dos cítricos (Citrus stubborn disease) e Spiroplasma kunkelii, axente causante da enfermidade da atrofia do millo (corn stunt disease).