Star Wars Episode VIII: The Last Jedi | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Star Wars Episode VIII: The Last Jedi |
Director | Rian Johnson |
Produtor | |
Guión | Rian Johnson |
Baseado en | Personaxes de George Lucas |
Intérpretes | |
Música | John Williams[1] |
Fotografía | Steve Yedlin[2] |
Montaxe | Bob Ducsay[2] |
Estudio | Lucasfilm Ltd. |
Distribuidora | Walt Disney Studios Motion Pictures |
Estrea | Shrine: 9 de decembro de 2017 15 de decembro de 2017 |
Duración | 152 minutos[3] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $200 000 000[4][5] |
Recadación | $1 332 000 000[6] |
Filme anterior | Star Wars Episode VII: The Force Awakens |
Filme seguinte | Star Wars: The Rise of Skywalker |
Na rede | |
http://www.starwars.com/the-last-jedi/ | |
|
Star Wars: The Last Jedi (tamén coñecido como Star Wars: Episode VIII – The Last Jedi) é un filme estadounidense de 2017 escrito e dirixido por Rian Johnson. É o segundo título da triloxía secuela e o oitavo filme da serie A guerra das galaxias, despois de Star Wars: The Force Awakens (2015). Foi producido por Lucasfilm e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Está protagonizado por Mark Hamill, Carrie Fisher, Adam Driver, Daisy Ridley, John Boyega, Oscar Isaac, Andy Serkis, Lupita Nyong'o, Domhnall Gleeson, Anthony Daniels e Gwendoline Christie nos seus papeis de "The Force Awakens", xunto con Kelly Marie Tran, Laura Dern e Benicio del Toro que se unen ó elenco. O filme é a última interpretación no cinema de Fisher, que morreu en decembro de 2016, e está dedicado á súa memoria.