Os stratus ou estratos, abreviadamente St, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, caracterízanse por seren unha capa de nubes xeralmente gris, con base uniforme, da que pode caer orballo, prismas de xeo ou cinarra. Cando o Sol é visible a través da capa, o seu contorno distínguese claramente. Ás veces preséntanse a xeito de farrapos esfiañados por embaixo doutras nubes.