Aproximadamente o 0,5% ao 1,4% das persoas morren por suicidio, preto de 12 a cada 100,000 persoas ao ano.[11][12] Tres cuartos dos suicidios ocorren globalmente nos países en desenvolvemento.[4] As taxas de suicidios consumados son xeralmente máis elevadas nos homes que nas mulleres, que varían de 1,5 veces máis no mundo en desenvolvemento ata 3,5 veces máis no mundo desenvolvido.[13] O suicidio xeralmente é máis común entre os maiores de 70 anos; con todo, en certos países, aqueles con idades entre 15 e 30 presentan un risco máis elevado.[13] Hai unha estimación de 10 a 20 millóns de intentos suicidas non-fatais cada ano en todo o mundo.[14] Os intentos de suicidio non-fatais poden provocar lesións e discapacidade a longo prazo. No mundo occidental, os intentos son máis comúns nos mozos e persoas do sexo feminino.[12]
As interpretacións acerca do suicidio teñen sido tratadas baixo amplos puntos de vista culturais máis concretamente en temas existenciais como relixión, filosofía, psicoloxía, honra e o sentido da vida.[15][16] As relixións abraâmicas consideran tradicionalmente o suicidio unha ofensa contra Deus debido á crenza relixiosa na santidade da vida.[17] Durante a era samurai no Xapón, existía unha forma de suicidio coñecido como seppuku (harakiri) que era respectada como unha forma de expiación do fracaso ou como unha forma de protesto ou pena de morte fronte á deshonra por un crime, delito ou por outro motivo que os avergoñaba[18]. O satí é unha antiga práctica prohibida polo Raj Británico, no cal a viúva se auto-imola na pira funeraria do seu home, sexa voluntariamente ou por presión da familia e/ou da sociedade.[19] O suicidio e o suicidio tentado, aínda que anteriormente fose ilegal, xa non o é máis na maioría dos países occidentais.[20], a pesar de nalgunhas xurisdicións aínda considerarse un delito.[21] Nos séculos XX e XXI, o suicidio foi usado en raras ocasións como forma de protesto, ou na forma de kamikaze e de atentados suicidas como unha táctica militar ou terrorista.[22] A palabra provén do latínsuicidium, que significa "matar a si mesmo".[23]
↑Dodds TJ (2017). "Prescribed Benzodiazepines and Suicide Risk: A Review of the Literature". Prim Care Companion CNS Disord19 (2). PMID28257172. doi:10.4088/PCC.16r02037.
↑Bottino, SM; Bottino, CM; Regina, CG; Correia, AV; Ribeiro, WS (marzo de 2015). "Cyberbullying and adolescent mental health: systematic review.". Cadernos de Saúde Pública31 (3): 463–75. PMID25859714. doi:10.1590/0102-311x00036114.
↑Sakinofsky, I (xuño de 2007). "The current evidence base for the clinical care of suicidal patients: strengths and weaknesses". Canadian Journal of Psychiatry52 (6 Suppl 1): 7S–20S. PMID17824349.
↑Yip, PS; Caine, E; Yousuf, S; Chang, SS; Wu, KC; Chen, YY (23 de xuño de 2012). "Means restriction for suicide prevention". Lancet379 (9834): 2393–9. PMID22726520. doi:10.1016/S0140-6736(12)60521-2.
↑GBD 2015 Mortality and Causes of Death, Collaborators. (8 de outubro de 2016). "Global, regional, and national life expectancy, all-cause mortality, and cause-specific mortality for 249 causes of death, 1980-2015: a systematic analysis for the Global Burden of Disease Study 2015.". Lancet388 (10053): 1459–1544. PMID27733281. doi:10.1016/S0140-6736(16)31012-1.
↑ 12,012,1Chang, B; Gitlin, D; Patel, R (setembro de 2011). "The depressed patient and suicidal patient in the emergency department: evidence-based management and treatment strategies". Emergency medicine practice13 (9): 1–23; quiz 23–4. PMID22164363.
↑Issues in Law & Medicine, Volume 3. National Legal Center for the Medically Dependent & Disabled, Incorporated, and the Horatio R. Storer Foundation, Incorporated. 1987. p. 39.