Este artigo forma parte da serie: |
Islam |
Crenzas |
---|
Unicidade de Deus · Profetas Os 99 nomes de Alá · Libros revelados · Anxos · Día da resurrección · Predestinación |
Prácticas |
Xaxún · Caridade · Peregrinación |
Textos |
Corán · Sunna (Hadith, Sirah) · Aqidah (credo) · Tafsir (exéxese) · Fiqh (xurisprudencia) · Xaria (lei) · Kalam |
Figuras relixiosas |
Califa · Imán · Ulema Muftí · Aiatolá · Mulla · Muecín |
Historia do islam |
Sucesión de Mahoma · Islam clásico · Expansión do islam · Califato omeia Califato Abbásida · Califato fatimí · Imperio Islámico · Cruzadas |
Persoeiros do Islam |
Mahoma · Abd Allah · Alí Aisha · Fátima · Al-Abbas Abu Bakr · Ibn Khaldun |
Lugares sagrados |
A Meca · Medina · Xerusalén Najaf · Kerbala · Mesquita |
Ramas |
Sunnismo · Xiísmo Xariismo · Sufismo · Ibadismo |
Aspectos sociopolíticos |
Arte · Arquitectura · Hiyab Calendario · Islamismo · Xihad (xihadismo) · Misticismo · Madrasa · Filosofía |
Véxase tamén |
Índice sobre o islam |
O sunnismo[1] ou islam sunnita (سنّة) é a maior seita do islam, á cal pertencen 85% do total dos musulmáns. Os seguidores do sunnismo son os sunnitas.[2]
A maioría dos sunnitas acredita que o nome deriva da palabra Sunna que é a forma de conduta do profeta Mahoma.[3] Algúns afirman porén que Sunnita deriva dunha palabra que significa "un camiño moderado" referíndose á idea de que o Sunnismo toma unha posición máis neutral do que aquela que ten sido apercibida como máis extrema dos xiítas e dos caridxitas.
As diferenzas entre musulmáns sunnitas e xiítas xurdiron a partir dun desacordo sobre a sucesión de Mahoma e posteriormente adquiriron un significado político máis amplo, así como dimensións teolóxicas e xurídicas.[4] Segundo as tradicións sunnitas, Mahoma designou a Abu Bakr como o seu sucesor (o primeiro califa).[5][4] Isto contrasta coa visión xiíta, que sostén que Mahoma anunciou como sucesor o seu xenro e curmán Ali ibn Abi Talib.[6] As tensións políticas entre sunnitas e xiítas continuaron con intensidade variable ao longo da historia islámica e agraváronse nos últimos tempos polos conflitos étnicos e o ascenso do salafismo e do wahabismo.[4][7][8]
Os seguidores do islam sunnita chámanse en árabe ahl as-sunnah wa l-jamāʻah00 ("a xente da Sunnah e da comunidade") ou de forma curta ahl as-Sunnah. Ás veces o islam sunnita chámase "Islam ortodoxo",[9][10][11] aínda que algúns eruditos ven esta tradución como inadecuada.[12]
O Corán, xunto co hadith (especialmente os recollidos por Kutub al-Sittah) e o consenso xurídico vinculante, constitúen a base de toda a xurisprudencia tradicional dentro do sunnismo. As decisións da xaria derivan destas fontes básicas, xunto co razoamento analóxico, a consideración do benestar público e a discrecionalidade xurística, utilizando os principios de xurisprudencia desenvolvidos polas escolas xurídicas tradicionais. En materia de credo, a tradición sunnita defende os seis piares do imān (fe) e comprende as escolas Ash'ari e Maturidi de Kalam (teoloxía), así como a escola textualista coñecida como teoloxía tradicionalista.