Suor

Neno suando

A suor é o fluído producido polas glándulas sudoríparas da pel durante a sudación ou transpiración corporal de moitos mamíferos.[1] Nos humanos podemos distinguir dous tipos de glándulas sudoríparas, que son: glándulas écrinas e apócrinas. As écrinas son as que están distribuídas máis xeneralizadamente polo corpo, mentres que as apócrinas están concentradas só en determinadas áreas (nos humanos en axilas, aréola e mamila do peito, ás do nariz, e rexión xenital externa e perianal).

Nos humanos, suar é principalmente un medio de termorregulación que funciona porque a secreción das glándulas écrinas é moi rica en auga. A auga, ao ter unha elevada calor latente de vaporización, absorbe moita calor do corpo cando se evapora na superficie da pel, polo que refresca a temperatura corporal. As maiores taxas de suoración dun adulto adoitan ser de 2-4 litros por hora ou 10-14 litros por día (10-15 g/min•m²), pero é menor nos nenos antes da puberdade.[2][3][4] Ademais, coa suor excrétanse sales e algunhas toxinas. Cando a temperatura ambiente é elevada, ou cando se quentaron os músculos da persoa debido ao exercicio, prodúcese máis suor. Os animais mamíferos con poucas glándulas sudoríparas, como os cans, realizan unha regulación da temperatura similar sacando a lingua e ampeando[5], o cal fai que se evapore a auga da saliva que humedece a superficie da cavidade oral e a farinxe. Os primates e cabalos teñen axilas que súan de modo similar aos humanos. Aínda que a capacidade de suar pode atoparse nunha ampla variedade dos mamíferos,[6][7] son relativamente poucos (entre eles humanos e cabalos) os que producen grandes cantidades de suor para arrefriarse.[8]

A suoración pode producirse polos cambios de temperatura, por causa de emocións (que fan que o sistema nervioso simpático estimule as glándulas sudoríparas), ou, en casos patolóxicos, a suoración excesiva ou a suor fría poden ser síntomas dunha enfermidade, xeralmente acompañados de febre, como pode ser a gripe, a leucemia linfática crónica e numerosas doenzas infecciosas.

  1. Mosher HH (1933). "Simultaneous Study of Constituents of Urine and Perspiration" (PDF). The Journal of Biological Chemistry 99 (3): 781–790. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2019. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  2. Jessen,C., Temperature regulation in humans and other mammals, Springer, Berlin, 2000, 193 pp
  3. Mack,G.W. and Nadel,E.R., Body fluid balance during heat stress in humans. In: Fregly,M.J., Blatteis,C.M. (Eds.), Handbook of physiology. Section 4: Environmental physiology, Oxford University Press, New York, 1996, pp. 187-214
  4. Sawka,M.L., Wenger,C.B., and Pandolf,K.B., Thermoregulatory responses to acute exercise-heat stress and heat acclimation. In: Fregly,M.J., Blatteis,C.M. (Eds.), Handbook of phys
  5. DRAG ampear Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
  6. Goglia G (January 1953). "[Further research on the branched sweat glands in some mammals (Cavia cobaya, Sus scrofa, Equus caballus).]". Bollettino Della Società Italiana Di Biologia Sperimentale (en Undetermined) 29 (1): 58–60. PMID 13066656. 
  7. Robertshaw D, Taylor CR (November 1969). "Sweat gland function of the donkey (Equus asinus)". The Journal of Physiology 205 (1): 79–89. PMC 1348626. PMID 5347721. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2022. 
  8. McDonald RE, Fleming RI, Beeley JG; et al. (2009). Koutsopoulos, Sotirios, ed. "Latherin: A Surfactant Protein of Horse Sweat and Saliva". PLoS ONE 4 (5): e5726. PMC 2684629. PMID 19478940. doi:10.1371/journal.pone.0005726. 

Suor

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne