Susan Abigail Tomalin, nada o 4 de outubro de 1946 en Nova York, máis coñecida por Susan Sarandon, é unha actriz estadounidense. Ganadora do Oscar á mellor actriz, do Premio do Sindicato de Actores á mellor actriz e do BAFTA á mellor actriz.[1] Candidata aos Globos de Ouro e aos Premios Emmy.[1] Coñecida polas súas intervencións en películas como The Rocky Horror Picture Show (1975), As meigas de Eastwick (1987), Thelma e Louise (1991), The Client (1994), Dead Man Walking (1995), Stepmom (1998) e The Lovely Bones (2009).