Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Florida | ||||
Condado | Condado de Hillsborough | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 384.959 (2020) (848,29 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 156.705 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Área da baía de Tampa (Poboación:3.175.275) | ||||
Superficie | 453,805005 km² | ||||
Auga | 35,2817 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 30 m | ||||
Creación | 1823 | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Jane Castor (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 813 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | tampa.gov | ||||
Tampa (/tæmpə/)[1] é unha cidade do Estado de Florida. Ademais é a sede do condado de Hillsborough e atópase na costa leste de Florida, na Baía de Tampa, preto do golfo de México. A poboación de Tampa no 2011 era de 346.037 persoas.[2][3]
O territorio actual de Tampa ocupárono pobos indíxenas, da cultura Safety Harbor, especialmente os Tocobaga e os Pohoy, que viviron na Baía de Tampa. Os españois exploraron brevemente este territorio a comezos do s. XVI, pero non houbo asentamentos permanentes, europeos ou americanos, dentro do territorio que ocupa hoxe en día a cidade, ata que os Estados Unidos mercaron Florida a España, en 1819.
En 1824, o exército dos Estados Unidos creou un posto fronteirizo chamado Fort Brooke na foz do río Hillsborough, preto do actual Centro de Convencións de Tampa. A primeira poboación civil asentouse preto do forte, coa protección da poboación seminole. A cidade creceu pouco a pouco até a década de 1880 cando, o ferrocarril, o descubrimento do fosfato, e a chegada da industria tabaqueira, dispararon o desenvolvemento de Tampa e axudaron a convertela nunha importante cidade a comezos do século XX.
Hoxe en día, Tampa forma parte da área metropolitana xeralmente coñecida como Área da Baía de Tampa. Para o censo dos Estados Unidos, Tampa forma parte da Área estatística metropolitana Tampa-San Petersburgo-Clearwater. A zona dos catro condados ten uns 2,7 millóns de habitantes, o que a converte na segunda Área estatística metropolitana (MSA) máis poboada do estado, e na cuarta no Sueste dos Estados Unidos, tras Miami, Washington, D.C., e Atlanta.[4] A maior zona da Baía de Tampa ten sobre 4 millóns de persoas e normalmente inclúe as áreas metropolitanas de Tampa e Sarasota. Os datos da Asociación da Baía de Tampa e do Censo dos Estados Unidos mostran un aumento medio de poboación do 2,47%, 97.000 persoas ao ano. Entre os anos 2000 e 2006, o número de residentes experimentou unha subida do 14,8 %, crecendo de 3,4 a 3,9 millóns e superando a marca de 4 millóns de persoas o 1 de abril de 2007.[5] Unha sondaxe de poboación do 2012 calcula que a Área da Baía de Tampa ten unha poboación de 4.310.524 persoas, fronte aos 19.317.568 de habitantes de todo o estado de Florida,[6] e estímase que no ano 2017 terá uns 4.536.854 habitantes.[7]
Tampa ten importantes equipos deportivos, entre os que se atopan os Tampa Bay Buccaneers, da National Football League, os Tampa Bay Lightning, da National Hockey League, e os Tampa Bay Storm, da Arena Football League. Ademais, os Tampa Bay Rays, da Major League Baseball e os Tampa Bay Rowdies da North American Soccer League xogan os seus partidos como locais na veciña San Petersburgo.
No 2008, a revista Forbes considerouna a quinta mellor cidade para facer actividades ao aire libre.[8] Nunha sondaxe do ano 2004, feita polo xornal da Universidade de Nova York, o Washington Square News, Tampa quedou como unha das mellores cidades para "vinteañeiros".[9] Tampa é unha cidade global "Gamma" segundo a Universidade de Loughborough. De acordo a esta universidade, Tampa está á altura doutras cidades como Phoenix, Santo Domingo, e Osaka.[10] Nos últimos anos, aumentou a demanda dos consumidores de Tampa, o que amosa a riqueza concentrada na zona.[11][12]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome quickfacts