Tebras | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tenebre |
Director | Dario Argento |
Produtor | Claudio Argento |
Guión | Dario Argento |
Intérpretes | Anthony Franciosa Christian Borromeo Mirella D'Angelo Veronica Lario Ania Pieroni Carola Stagnaro John Steiner Lara Wendel John Saxon Daria Nicolodi Giuliano Gemma |
Música | Claudio Simonetti Fabio Pignatelli Massimo Morante |
Fotografía | Luciano Tovoli |
Montaxe | Franco Fraticelli |
Estudio | Sigma Cinematografica |
Distribuidora | Titanus[1] |
Estrea | 27 de outubro de 1982 9 de xaneiro de 2021 (TVG) |
Duración | 101 minutos |
Orixe | Italia |
Xénero | Suspense |
Na rede | |
Tebras (en italiano: Tenebre) é un filme italiano de 1982 escrito e dirixido por Dario Argento. Está protagonizado por Anthony Franciosa, no papel do autor estadounidense Peter Neal quen, mentres está en Roma promocionando o seu último libro de misterio e asasinatos, se ve envolto na procura dun asasino en serie que poida que a súa novela inspirase a matar. John Saxon e Daria Nicolodi coprotagonizan o filme intepretando respectivamente o axente de Neal e a súa asistenta, mentres Giuliano Gemma e Carola Stagnaro aparecen como os detectives que investigan o caso. John Steiner, Veronica Lario e Mirella D'Angelo tamén aparecen facendo papeis menores. O filme foi descrito como unha exploración do dualismo e da aberración sexual, e ten fuertes elementos de metaficción; algúns críticos consideran que "Tebras" é unha reacción directa de Argento ás críticas do seu traballo anterior, sobre todo nas súas representacións de asasinatos de mulleres.
Estreouse subtitulado en galego o 9 de xaneiro de 2021 a través da TVG.[2]