Templo do Sol (Sogamoso) | |
---|---|
Reconstrución do Templo do Sol (Museo Arqueolóxico de Sogamoso). | |
Datos xerais | |
País | Colombia |
Rexión | Boyacá |
Tipo | Templo |
Advocación | Deus Sué (o Sol) |
Localización | Sogamoso |
Coordenadas | 5°42′35″N 72°55′27″O / 5.709603, -72.924188 |
Culto | |
Culto | Relixión muisca |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Templo do Sol de Sogamoso era un templo construído polos muiscas como sitio de adoración para o seu deus do Sol, Sué. O templo foi construído en Sogamoso, Colombia, daquela parte da Confederación muisca e chamada Sugamuxi. Era o templo máis importante da relixión muisca. O templo foi destruído polo lume dos conquistadores españois liderados por Gonzalo Jiménez de Quesada, que devecía por atopar o lendario El Dorado.[1] Unha reconstrución moderna foi erixida no Museo Arqueolóxico de Sogamoso.