The Big Short | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Adam McKay |
Produtor | Dede Gardner Jeremy Kleiner Arnon Milchan Brad Pitt |
Guión | Adam McKay Charles Randolph |
Baseado en | The Big Short de Michael Lewis |
Intérpretes | Christian Bale Steve Carell Ryan Gosling Brad Pitt |
Música | Nicholas Britell |
Fotografía | Barry Ackroyd |
Estudio | Regency Enterprises Plan B Entertainment |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 12 de novembro de 2015 |
Duración | 130 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 28.000.000 $[1] |
Recadación | 133.400.000 $[2] |
Na rede | |
https://web.archive.org/web/20160303180208/http://www.thebigshortmovie.com | |
|
The Big Short é un filme estadounidense de 2015 do xénero de comedia dramática biográfica dirixida por Adam McKay e escrito por McKay e Charles Randolph, baseado no libro The Big Short: Inside the Doomsday Machine (2010) de Michael Lewis sobre a crise financeira de 2007-2008 , que se desencadeou pola burbulla inmobiliaria dos Estados Unidos[3]. Entre outros actuaron na produción Christian Bale, Steve Carell, Ryan Gosling, Brad Pitt, Melissa Leo e Marisa Tomei.
A película caracterízase polas súas técnicas pouco convencionais para explicar instrumentos financeiros complexos. Entre outros, dispón cameos con Margot Robbie, Anthony Bourdain, Selena Gomez e Richard Thaler que rompen a cuarta parede para explicar conceptos tales como hipotecas de alto risco e obrigacións garatizadas por débeda como unha metareferencia, outros actores diríxense ao público, en especial Gosling, que serve como narrador.
A primeira estrea foi nos Estados Unidos, en versión limitada, nalgúns cinemas escollidos o 11 de decembro de 2015. Paramount Pictures[4][5] estrou o filme para o resto dos cinemas o 23 de decembro . O filme foi un éxito económico e de crítica, recadando 133.000.000 $ cun orzamento de 50.000.000. Logrou candidaturas a cinco premios da Academia: mellor filme, mellor director, mellor actor secundario, mellor montaxe e mellor guión adaptado, gañando este último.