A momia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Mummy |
Director | Stephen Sommers |
Produtor | Sean Daniel James Jacks |
Guión | Stephen Sommers John L. Balderston |
Intérpretes | Brendan Fraser Rachel Weisz John Hannah Arnold Vosloo Kevin J. O'Connor |
Música | Jerry Goldsmith |
Fotografía | Adrian Biddle |
Montaxe | Bob Ducsay |
Estudio | Alphaville Films |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 1999 |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | $80 000 000[1] |
Recadación | $415 933 406 |
Filme seguinte | The Mummy Returns |
Na rede | |
https://www.uphe.com/movies/the-mummy-1999 | |
The Mummy é un filme estadounidense de aventuras, fantasía e terror[2][3] escrito e dirixido por Stephen Sommers que se estreou en 1999. Está protagonizado por Brendan Fraser, Rachel Weisz, John Hannah e Kevin J. O'Connor, con Arnold Vosloo como a momia.[4] É un remake do filme de 1932 The Mummy, que estivo protagonizado por Boris Karloff.
A rodaxe fíxose en Marrakech, Marrocos, comezou o 4 de maio de 1998, e durou dezasete semanas; o equipo tivo que soportar a deshidratación, tormentas de area e serpes mentres filmaba no Sáhara. Os efectos visuais son obra de Industrial Light & Magic, que mesturou o filme con imaxes xeradas por ordenador para crear a Momia. Jerry Goldsmith compuxo a banda sonora.
The Mummy estreouse o 7 de maio de 1999, e recadou $43 millóns en 3 210 cines durante a súa primeira semana de emisión nos Estados Unidos; todo un éxito non agardado,[5] e obtivo unha recadación de $416 millóns en todo o mundo. O seu éxito motivou a secuela de 2001 The Mummy Returns, así como The Mummy: The Animated Series, e unha precuela spin-off, The Scorpion King. Sete anos despois, o terceiro título da serie, The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor, estreouse o 1 de agosto de 2008.